AXUDAS EMPRESAS PROGRAMA XUVENIL 2022

A Xunta de Galicia incentivará cunha axuda de 6.000 € a contratación por conta allea de persoas mozas que participasen en Programas de emprego xuvenil nas convocatorias dos anos 2020 e 2021 (Obradoiros de Emprego para a mocidade).

Estas axudas teñen coma finalidade favorecer o emprego e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas que obtiveron a cualificación de aptas nos programas de emprego incluídas no  Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

BENEFICIARIOS

Persoas autónomas e empresas, calquera que sexa a forma xurídica que contraten persoas mozas que cumpran os requisitos sinalados.

REQUISITOS PARA AS CONTRATACIÓNS
  • As contratacións serán por un mínimo de 6 meses e a xornada completa.
  • Se a contratación é temporal, utilizarase a modalidade de “contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos”.
  • As contratacións realizaranse entre o 15/10/2022 e o 15/11/2022.
  • As empresas deberán presentar oferta na Oficina de Emprego correspondente, indicando especialidade formativa ou ocupación (que deberá ser unha das incluídas no anexo II).
REQUISITOS PARA AS PERSOAS CONTRATADAS
  • Ter máis de 18 anos e non superar a idade máxima establecida para o Sistema de garantía xuvenil (normalmente, 30 anos).
  • Que participasen nalgún programa de emprego ao abeiro das ordes do 27/12/2019 e 31/12/2020 (Obradoiros de emprego para a mocidade  2020 e 2021) e remataran a formación con APTO.
  • Estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.
  • Que estean inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
CONTÍA

6.000 € por contratación.

PRAZO

Ata o 15 de novembro de 2022 (as contratacións deberán estar realizadas no momento da presentación).

MAIS INFORMACIÓN

Consulta ORDE do 3 de outubro de 2022 sobre esta convocatoria e acceso ao procedemento de solicitudes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *