Os premios Programa Xuventude Crea favorecen o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra.
CATEGORÍAS
Os premios do programa Xuventude Crea que se convocan inclúen as seguintes especialidades:
- Artes plásticas.
- Arte urbana.
- Banda deseñada.
- Cociña.
- Creación de videoxogos.
- Danza moderna.
- Deseño de xoias.
- Fotografía.
- Moda.
- Música.
- Novela curta.
- Poesía.
- Teatro.
- Videocreación
BENEFICIARIOS
Poderán solicitar a participación na obtención dos premios Programa Xuventude Crea nas especialidades do programa Xuventude Crea 2022 as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2022, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.
CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS
- Cada persoa participante poderá presentar unha obra por especialidade.
- As obras presentadas non poderán, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes:
- Ter sido premiadas noutros certames ou concursos.
- Ter sido expostas ou publicadas en soporte papel ou en soporte dixital.
- Ter sido presentadas en anteriores edicións do programa Xuventude Crea.
- Ter sido beneficiarias de axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización.
- As obras presentadas non poderán incluír contidos xenófobos ou de calquera outro tipo que atente contra a dignidade das persoas.
- A Consellería de Política Social e Xuventude quedará eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que, en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer as persoas participantes.
CONTÍA DOS PREMIOS
Os premios Programa Xuvenude Crea establecen os seguintes premios por cada unha das especialidades:
- Un primeiro premio de 3.000 €.
- Un segundo premio de 1.500 €.
- Un terceiro premio de 1.000 €.
- Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.
Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades, a aquelas obras que conseguisen chegar á fase final en relación ás especialidades que establezan a dita fase á que acceden os concursantes finalistas seleccionados e que, coa avaliación da Comisión de Selección, acaden a suficiente calidade.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitude remata o 5 de Agosto de 2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar a ORDE do 17 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea ou a Sede Electrónica da Xunta (BS310Q).