PROGRAMA MULLER 22

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras dos incentivos á contratación indefinida inicial de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.

O Programa Muller 22 ten como fin achegar incentivos para a contratación indefinida inicial de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias do Programa Muller 22 as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as cooperativas e as sociedades laborais, que contraten por conta allea mulleres desempregadas, inscritas como demandantes de emprego, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na CA de Galicia.

Tamén poderán ser beneficiarios dos incentivos os centros especias de emprego e as empresas de inserción laboral, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.

As empresas que teñan 50 ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade de mínimo o 2 %.

REQUISITOS DAS CONTRATACIÓNS

Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo que se celebren desde o 1 de xaneiro de 2022 e ata o 30 de setembro de 2022 con mulleres desempregadas.
A contratación realizada coa muller desempregada pola que se solicita a subvención deberá ser indefinida inicial, incluída a modalidade de fixos-descontinuos dun mínimo de 9 meses de duración, e cunha xornada a tempo completo.

As entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde deberán garantir o pleno cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «do no significant harm-DNSH») e a etiquetaxe climática e dixital

CONTÍA

As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 6.000 € por cada muller desempregada contratada.

No caso de que o Programa Muller 22 se solicite para contratacións indefinidas iniciais na modalidade de fixos-descontinuos, dun mínimo de 9 meses de duración, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a ORDE do 20 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Muller 22, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU ou a Sede Electrónica da Xunta (TR770A).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *