MODALIDADES DE PREMIOS
- Premio Artesanía de Galicia 2022.
Premiarase a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual, como son o deseño, a adaptación ou a conservación das técnicas e dos valores tradicionais máis característicos da nosa artesanía, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación, a boa presentación e a calidade da obra, tanto nos seus materiais como no desenvolvemento desta. - Premio Traxectoria 2022.
Premio honorífico en recoñecemento á traxectoria profesional consolidada dunha persoa artesá galega. O premio será concedido tendo en conta as propostas dos obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, as asociacións profesionais de artesáns e artesás de Galicia e outras entidades públicas ou privadas, encargados de facer a presentación das candidaturas. Valoraranse a traxectoria recoñecida da persoa candidata, a súa contribución, posta en valor e promoción da artesanía galega, a calidade dos seus traballos realizados e o compromiso coa divulgación e transmisión pedagóxica dos principais valores positivos no eido da nosa artesanía. - Premio Bolsa Eloy Gesto 2022.
Esta modalidade ten a finalidade de potenciar a remuda xeracional na artesanía, o acceso de novos talentos ao sector e a súa profesionalización. Premiarase a candidatura que presente unha proposta para a súa formación nun centro formativo ou nun obradoiro artesanal de referencia no eido da artesanía e o deseño. Valoraranse o carácter innovador do proxecto, a transferencia de coñecemento que se pretende acadar con esa formación, a incorporación das novas tecnoloxías, o currículo da persoa candidata e a potencialidade de incorporación desta formación para a elaboración dun produto artesanal innovador. Tamén se terán en conta o grao de madurez, a calidade na presentación da proposta, así como a colaboración entre distintas actividades artesanais.
PARTICIPANTES
Podemos diferenciar diferente público participante dependendo da modalidade:
- Premio Artesanía de Galicia 2022.
Obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, cuxo titular sexa unha persoa artesá rexistrada. - Premio Traxectoria 2022.
Artesáns/ás en activo ou retirados que están ou estiveron inscritos como tales no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de vinte (20) anos. Os encargados de facer a presentación das candidaturas desta categoría serán os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, as asociacións profesionais de artesáns e artesás de Galicia ou outras entidades públicas ou privadas. Estas propostas serán sempre realizadas por terceiros, é dicir, ningún obradoiro poderá realizar a proposta do titular ou dun traballador do propio obradoiro. - Premio Bolsa Eloy Gesto 2022.
- Artesáns/ás inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, cunha idade máxima de corenta (40) anos en 2022.
- Obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cuxo titular sexa unha persoa artesá rexistrada como tal cunha idade máxima de corenta (40) anos en 2022.
PREMIOS
- Premio Artesanía de Galicia 2022.
- Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo.
- A persoa gañadora cederalle á Fundación Pública Artesanía de Galicia a propiedade da obra premiada. No caso de que as características físicas ou de propiedade do produto gañador impidan a súa cesión, substituirase por documentación gráfica ou visual deste.
- Premio Traxectoria 2022.
- Trofeo acreditativo e sen dotación económica.
- Premio Bolsa Eloy Gesto 2022.
- Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.
- Os premios estarán suxeitos ás retencións vixentes na data de concesión destes.
XURADO
Constituirase un xurado cuxos membros serán nomeados/as pola persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, competente en materia de artesanía, e estará integrado por:
- un/unha presidente/a (a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo ou a persoa en quen delegue),
- un/unha secretario/a, (xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, con voz pero sen voto),
- un máximo de 5 vogais (profesionais e persoas expertas de recoñecido prestixio no eido da artesanía,do deseño e do comercio)
A composición do xurado farase pública antes da resolución dos premios na páxina web http://artesaniadegalicia.xunta.gal/. En relación o seu funcionamento, o xurado aterase ao seguinte:
- A deliberación do xurado será secreta e a súa decisión inapelable.
- O xurado proporá nas súas deliberacións unha única persoa gañadora para cada unha das categorías. No caso de empate, decidirá o voto de calidade do/a presidente/a. No momento das votacións, só se terán en conta os votos emitidos polos membros presentes, non admitindo a delegación do voto.
- O xurado poderá facer mencións honoríficas sen dotación económica a aquelas persoas candidatas que desexen destacar nalgún aspecto.
- O xurado poderá propor que se declararen desertos os premios se considera que as obras presentadas non reúnen os méritos necesarios para acadar o galardón.
- O xurado queda facultado para resolver sobre aspectos non recollidos nestas bases, así como todas as cuestións que se poidan suscitar con motivo dos premios.
COMPATIBILIDADES
Estes premios serán compatibles con calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso procedente de calquera Administración, ente público ou privado, galego, estatal ou europeo, ou organismos internacionais, que se lle poida outorgar á persoa beneficiaria despois da concesión do presente galardón.
PRAZO
O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 17 de outubro de 2022 e remata ás 14.30 horas do 28 de outubro de 2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información consultar a RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2022 ou a Sede Electrónica da Xunta (IN200A)