PROGRAMA PROXECTOS DE I+D DE TECNOLOXÍAS AUDIOVISUAIS E DOS VIDEOXOGOS

Estas axudas financiarán proxectos de I+ Dl para o desenvolvemento de novas tecnoloxías de aplicación aos ámbitos da produción audiovisual e do sector dos videoxogos, e a transferencia e adaptación destes desenvolvementos a outros sectores de aplicación


CATEGORÍAS DE PROXECTOS

  • Proxectos de desenvolvemento de novas tecnoloxías de aplicación ao ámbito audiovisual e dos videoxogos, incluídas aquelas necesarias para a consecución de prototipos de efectos especiais e de animación, novos equipos (lentes, cámaras, sensores para captura de movemento, etc.); a automatización de procesos de produción ou desenvolvemento de tecnoloxías de intelixencia artificial para os procesos de produción creación de videoxogos.
  • Proxectos audiovisuais e actos de desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras propias do ámbito dos videoxogos ou audiovisual para a súa aplicación noutras contornas como poidan ser o cultural, sanitario ou educativo, entre outros

BENEFICIARIOS

Poderán adquirir a condición de beneficiarios as PEMES, sempre que estean validamente constituídas, teñan personalidade xurídica propia e residencia fiscal en España.
En particular, entenderanse incluídas nesta categoría as empresas que empreguen a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non exceda de 50 millóns de euros, ou o seu balance xeral anual non exceda de 43 millóns de euros. O cómputo dos efectivos, formas de cálculo e límites no caso de empresas asociadas ou vinculadas efectuarase segundo dispoñen os artigos 3 a 6 do anexo I do Regulamento.

GASTOS ELIXIBLES

Poderanse financiar os seguintes custos directos de execución:

  • Custos de persoal.
  • Custos de instrumental e material inventariable.
  • Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas ou obtidas por licenza.
  • Custos de consultoría e servizos equivalentes destinados de maneira exclusiva ao proxecto.
  • Gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais, incluídos:
    • Custos de material.
    • Subministracións e produtos similares, que se deriven directamente do proxecto.
    • Gastos derivado do informe de auditor.

CONTÍA

A contía individualizada das axudas determinarase en función do custo financiable real do proxecto, do tipo de beneficiario e das dispoñibilidades orzamentarias, cun máximo establecido en:

Tipoloxía de proxectoPequena empresaMediana empresa
Investigación Industrial70 %60 %
a) Colaboración con empresas ou entre unha empresa e un organismo de investigación, ou80 %75 %
b) Ampla difusión dos resultados.80 %75 %
Desenvolvemento experimental45 %35 %
a) Colaboración con empresas ou entre unha empresa e un organismo de investigación, ou60 %50 %
b) Ampla difusión dos resultados60 %50 %

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de xulllo de 2022 ás 12.00 horas.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar o extracto da convocatoria premendo aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *