AXUDAS PARA ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN

Estas axudas terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación

LIÑAS DE AXUDA

Liña formativa I, de carácter xeral: destinada a impartir accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas.

Liña formativa II, de infrarrepresentación feminina: destinada a impartir accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, dirixidas a mulleres traballadoras desempregadas, correspondentes a aquelas ocupacións laborais e profesionais en que exista infrarrepresentación feminina.

BENEFICIARIOS

  • Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.
  • Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.

REQUISITOS

  • Cada acción formativa incluirá o compromiso de contratación, nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, dun mínimo do 40 % do alumnado aprobado e/ou formado.
  • Os contratos deben ser de caracter indefinido, non computando como realizados aqueles de duración inferior a 12 meses.
  • No suposto de contrato por tempo indefinido a tempo parcial, o mínimo da xornada será do 50 % da correspondente a unha persoa traballadora a tempo completo comparable.
  • A contratación deberá efectuarse no prazo máximo de dous meses desde o remate da acción formativa e deberá realizarse nunha ocupación e categoría relacionada coa especialidade formativa impartida.
  • Será considerada como contratación a incorporación do alumnado como socia ou socio traballador, ou de traballo, dunha sociedade cooperativa ou dunha sociedade laboral.
  • Entenderase que existe infrarrepresentación feminina cando na empresa en que se vaia realizar a contratación comprometida, a porcentaxe de mulleres traballadoras sexa inferior ao 40 % sobre o total do cadro de persoal.

CONTÍA

A contía da subvención que se concederá por cada acción formativa calcularase en función do número de participantes previstos, do número de horas da acción formativa e dos módulos económicos específicos solicitados por participante e hora de formación recollidos no anexo I das bases reguladoras.
O importe económico do módulo que se aplicará na impartición dos módulos transversais será o mesmo que o correspondente aos módulos económicos correspondentes á especialidade formativa que se imparta.

Os módulos transversais poderán impartirse na modalidade de teleformación. Neste caso o módulo económico que se aplicará será o 70 % da contía do dito módulo para a modalidade presencial..

En todo caso, a subvención por beneficiario nunca poderá superar o 25% do crédito orzamnetario.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de xullo de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a ORDE do 6 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2022-2024 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2022-2023 ou a Sede electrónica da Xunta (TR301P)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *