BENEFICIARIOS
Poderán optar ao mesmo os produtores agropecuarios ou agroindustriais, calquera que sexa a súa organización e/ou forma xurídica, desde proxectos individuais ou familiares ata cooperativas e asociacións, que destaquen polo deseño e posta en marcha de iniciativas innovadoras, xa sexa na produción, a transformación e/ou a comercialización dos seus produtos durante os dous últimos exercicios.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
- Contribución do proxecto á actividade económica do territorio no que se desenvolve.
- Contribución do proxecto á dixitalización do sector agropecuario.
- Sustentabilidade do proxecto nos aspectos económico, ambiental e socio cultural.
- Contribución á empregabilidade, incluíndo a colectivos con risco de exclusión social ou calquera tipo de discriminación.
- Existencia dun plan de xestión de riscos.
- Apoio de institucións locais, autonómicas ou nacionais que apoian a candidatura
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Unha memoria explicativa do proxecto en documento Word que relacione o proceso innovador e que explique os beneficios e as melloras de tipo económico, técnico, de seguridade laboral, calidade, seguridade alimentaria, preservación ambiental e de boas prácticas derivados da incorporación desa innovación.
- Neste documento descritivo, ademais, deberá incluír as características básicas da organización, tipo de actividade, tamaño, nº de empregados e localización.
- A memoria terá unha extensión máxima de 10 folios a unha soa cara e poderá incluír a documentación gráfica que se considere de interese para detallar e aclarar as accións previstas no proxecto e o seu impacto.
- Unha presentación resumen, en formato «. pptx», dunha extensión de 7 diapositivas, incluíndo as diapositivas de portada e peche, dun tamaño de arquivo aproximado de entre 2 Mb e 4 Mb.
PREMIO
O importe bruto do premio é de 30.000 euros, sometido á normativa fiscal vixente en España.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro día 31 de maio ás 23:59h.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar as bases premendo aquí.