ÁMBITO DOS PREMIOS
Os premios recoñecerán a achega destacada de mulleres profesionais no audiovisual galego, preferentemente a través dunha obra realizada e presentada ou dun labor profesional especialmente salientable levado a cabo durante o ano 2021, ou como recoñecemento a unha traxectoria profesional consolidada.
As premiadas o ano pasado, na primeira edición dos Premios #Mulleres no Foco, non poderán ser propostas para esta segunda edición.
PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS
As candidaturas aos Premios #Mulleres no Foco correspondentes ao ano 2022 serán presentadas polas persoas que conformen o xurado dos premios ou polas entidades locais, culturais ou profesionais de ámbito galego que pola súa natureza, fins ou obxectivos estean relacionadas co sector audiovisual.
CONTÍA
Outórganse tres premios cun importe de 5.000 euros cada un.
PRAZO
O prazo remata o día 9 de maio de 2022
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar as Bases reguladoras da segunda edición dos Premios #MULLERES NO FOCO.