Como xa adiantamos fai unhas semanas no apartado de «Axudas e subvencións», e como podes ver na nosa entrada sobre o BONO KIT DIXITAL, a partires do vindeiro día 15 de marzo, abre o prazo para solicitar as solucións dixitais por parte das empresas interesadas.
Na citada publicación, ademais dun breve resumo das bases, mencionamos tamén o procedemento a seguir para a solicitude das solucións, do que achegamos a ligazón ao portal de Rede.es no que levar a cabo o devandito trámite.
Se temos en conta a clasificación establecida nas bases da convocatoria, é a quenda das empresas que se atopan dentro do Segmento I, é dicir, aquelas que estén formadas por un número de entre 10 a 49 traballadores. O importe máximo de financiación que poden recibir estas empresas ascende a 12.000€ que poden ser destinados a unha ou varias solucións e incluso financiar parcialmente algunha delas.
Xa podes consultar ademais o catálogo de axentes dixitalizadores e as solucións que xestiona cada un premendo aquí.