INTERNACIONALIZACIÓN DIXITAL DAS EMPRESAS GALEGAS

Estas axudas, teñen como obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa, e as necesidades específicas en materia de márketing dixital internacional.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que cumpran a definición de peme.
  • Que teñan algún centro de traballo radicado na CCAA de Galicia, e que teñan no mesmo, antes da solicitude da axuda, polo menos tres traballadores por conta allea.
  • Que teñan un importe de facturación no último exercicio con obriga de depósito de contas anuais no Rexistro Mercantil, ou de presentación da declaración da renda, como mínimo do dobre do orzamento do proxecto presentado pola empresa na súa solicitude de axuda.
  • Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa.
  • Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
  • Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa CCAA de Galicia e coa Seguridade Social.
  • As axudas recollidas nesta base incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento da UE Nº 1407/2013 da Comisión.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Consultoría necesaria para a elaboración de:
    • Diagnóstico de potencial exportador dixital.
      Esta análise debe como mínimo analizar a madurez dixital e internacional da empresa e xustificar as oportunidades dunha estratexia de internacionalización dixital para a empresa tendo en conta os seus recursos.
      Gasto subvencionable máximo: 3.000 €.
    • Plans de internacionalización dixital multicanle.
      Estes plans deben incluír como mínimo unha investigación, avaliación e selección de mercados e canles de vendas tendo en conta o potencial exportador dixital da empresa e os seus recursos dispoñibles.
      Gasto subvencionable máximo: 3.000 €.
    • Plans de mercados electrónicos concretos.
      Estes plans deben de conter como mínimo a estratexia e as accións necesarias para deseñar, programar, conectar e posicionar as tendas e os catálogos en liña multi-idioma. Así como unha análise SEO da web, catálogos en liña e/ou tendas en liña. Análise SEO por mercado xeográfico para Google e/ou buscadores de referencia (Baidu, Yandex para China e Rusia, por exemplo), e/ou SEO en marketplaces tipo Amazon, AliExpress, eBay.
      Gasto subvencionable máximo: 5.000 €.
    • Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
      Aqueles que se relacionen directamente coa operativa dixital internacional como a adaptación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativa import-export no comercio electrónico.
      Gasto subvencionable máximo: 5.000 €.
  • Aplicacións informáticas:
    Englóbanse licenzas de programas, desenvolvementos a medida ou adaptacións. Exclúese o gasto relativo á renovación de licenzas.
    • Solucións tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
      Gasto subvencionable máximo: 6.000 €.
    • Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
      Gasto subvencionable máximo: 20.000 €.
    • Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización das canles de venda e márketing en liña.
      Gasto subvencionable máximo: 20.000 €.
    • Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
      Gasto subvencionable máximo: 18.000 €.
      Estes activos intanxibles serán acreditables segundo o Regulamento da UE Nº 651/2014.
  • Outros gastos:
    • Creación e adaptación de catálogos en liña para o márketing e as vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
      Gasto subvencionable máximo: 4.000 €.
    • Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, incluídos os gastos de axencia.
      Gasto subvencionable máximo: 12.000 €.
    • Solucións de software de pagamento polo uso das mencionadas na alínea B.
      Gasto subvencionable máximo: 20.000 €.
      Admitirase como gasto subvencionable o pagamento polo uso do software durante o prazo de execución da axuda, sempre que sexa abonado polo solicitante dentro do devandito prazo. No caso de que o sistema de adquisición supere o prazo de execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable a pro rata.
    • Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio en liña. Inclúe desde a compra das solucións tecnolóxicas (incluída a adquisición mediante pagamento polo uso), a súa integración, e tamén a súa xestión como servizo a vendedores en liña por parte das axencias.
      Gasto subvencionable máximo: 6.000 €.
    • Creación e adaptación de tendas en liña.
      Gasto subvencionable máximo: 9.000 €.

CONTÍA MÁXIMA

As solicitudes deberán acollerse a un gasto subvencionable de:

  • En termos xerais: un gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 18.000€ e máximo de 100.000€ por empresa.
  • No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca:
    • No caso da pesca, mínimo debe ser igual ou superior a 14.000€ e máximo de 37.500€
    • Respecto da agraria mínimo debe ser igual ou superior a 14.000€ e máximo de 25.000€

A subvención será dun máximo do 80% das contías citadas anteriormente De superar estes máximos, axustarase.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de abril do 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar as bases na RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital 2022), financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 ou na Sede Electrónica da Xunta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *