Se te atopas en Galicia e contas con algunha iniciativa que dalgún xeito beneficie e promocione o medio e a sociedade rural, tés aberto o prazo de presentación do certame de Premios Agader ao Desenvolvemento Rural, do que che achegamos un breve resumo das súas bases.
BENEFICIARIOS
Poderán presentar iniciativas aos premios ao desenvolvemento rural de Galicia as persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan titulares das iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria
CATEGORÍAS DE PREMIOS
Os premios que se convocan correspóndense coas seguintes categorías:
- Categoría mocidade, para as iniciativas levadas a cabo por persoas mozas, que constitúan unha aposta polo presente e o futuro do medio rural galego e da súa poboación. Para estes efectos, terá a consideración de persoa moza quen non teña máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a iniciativa ou, no caso de persoas xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpran este requisito.
- Categoría paisaxe rural, para iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia nas cales se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario.
- Categoría proxectos de interese social, para as iniciativas orientadas á integración dos colectivos máis desfavorecidos, á inserción social ou ao coidado dos nosos maiores.
- Categoría turismo, para as iniciativas que contribúan ao desenvolvemento económico potenciando a ampla riqueza dos recursos turísticos do medio rural de Galicia.
- Categoría sector agrogandeiro, dirixida a iniciativas desenvolvidas dentro dos sectores da gandaría, agricultura e/ou transformación agroalimentaria que aposten polo valor engadido na súa produción.
- Categoría mulleres, orientada ás iniciativas levadas a cabo por mulleres ou destinadas a elas no medio rural, desde unha óptica de igualdade e progreso, en que sexan fundamentais valores como o asociacionismo, a profesionalización e a innovación.
- Categoría innovación tecnolóxica, dirixida ás iniciativas desenvolvidas no rural galego que incorporen a innovación para obter un novo produto ou mellorar a calidade nos seus produtos ou servizos, para diminuír custos, para ofrecer unha maior gama de produtos ou servizos ou para seren máis rápidas na súa introdución no mercado.
- Categoría recuperación e posta en valor da terra agraria, destinada ás iniciativas que contribúan, directa ou indirectamente, a recuperar e poñer en valor terras que están infrautilizadas.
Non se pode presentar a mesma iniciativa en varias categorías. Cada un dos premios constará dun diploma e unha dotación en metálico de 10.000 €.
PRAZO
O prazo para presentar as solicitudes remata o 28 de febreiro de 2022.
MÁIS INFROMACIÓN
Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo terceira edición ou acceder á solicitude na Sede elctrónica da Xunta.