PREMIO «ALIMENTOS DE ESPAÑA»

Nova convocatoria anual do Premio Alimentos de España, considerados uns dos máis importantes para o sector agroalimentario e pesqueiro en España.

Dende 1987, convócase anualmente o Premio «Alimentos de España» en recoñecemento aos profesionais ou entidades que contribúen a impulsar este sector tan importante na economía española. No ano 2021, estes premios alcanzan o seu XXXIV edición. Os galardoados son elixidos por un Xurado formado por persoas de recoñecido prestixio

MODALIDADES DE CANDIDATURAS

Industria alimentaria.

Accésit á «Iniciativa Emprendedora».

Restauración.

Produción Ecolóxica.

Comunicación.

Internacionalización Alimentaria.

Produción da Pesca e da Acuicultura.

Premio Extraordinario Alimentos de España

SELECCIÓN E XURADO

Os premiados serán seleccionados por un xurado integrado por profesionais de recoñecido prestixio, que valorarán as accións levadas a cabo polos participantes que contribúen a estimular os diferentes elementos da cadea alimentaria.

REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

Os requisitos dos aspirantes, varían en base á modalidade á que se presenten, quedando recollidos da seguinte maneira:

  • Premio Alimentos de España á Industria Alimentaria: poderán participar todas aquelas empresas alimentarias cuxa sede principal estea situada dentro do territorio nacional.
  • Accésit á Iniciativa Emprendedora: poderán concorrer empresas cuxa sede principal estea situada dentro do territorio nacional, cunha traxectoria inferior a 10 anos.
  • Premio Alimentos de España á Produción Ecolóxica: poderán participar explotacións agrarias e empresas alimentarias, con sede principal dentro do territorio nacional e co certificado valido en vigor que acredite o cumprimento da normativa sobre produción ecolóxica.
  • Premio Alimentos de España á Internacionalización Alimentaria: poderán participar empresas alimentarias, organizacións ou asociacións cuxa sede principal estea situada dentro do territorio nacional e empresas situadas fóra do noso territorio que desenvolvesen actividades en favor dos produtos alimentarios españois.
  • Premio Alimentos de España Produción da Pesca e da Acuicultura: poderán participar empresas cuxos produtos pesqueiros fosen capturados por embarcacións que pertenzan ao Censo da frota pesqueira operativa, instalacións acuícolas e persoas físicas ou xurídicas que exerzan a súa actividade comercializadora ou transformadora dos produtos pesqueiros tendo a súa sede principal dentro do territorio nacional.
  • Premio Alimentos de España de Comunicación: poderán optar a este premio os traballos que promovan o coñecemento e a promoción dos nosos alimentos e fosen publicados, editados ou emitidos por calquera medio de comunicación.
  • Premio Alimentos de España á Restauración: poderán participar establecementos de restauración que potencien a gastronomía e promoción dos produtos alimentarios españois.
    Poden ter a súa sede tanto en territorio nacional como no estranxeiro.
  • Premio Extraordinario Alimentos de España: poderán participar empresas, entidades e persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada por iniciativa propia.
    Ademais, para esta modalidade, o presidente ou os membros do xurado poderán propoñer de oficio, candidatos nos que se dean as circunstancias descritas. En tal caso, os candidatos deberán aceptar a candidatura e presentar cumprimentada a documentación que se indique na convocatoria do premio.

PRAZO

A data límite para a presentación de solicitudes finaliza o 30 de marzo de 2022.

MAIS INFORMACIÓN

Para máis información podes conslutar a páxina web de Alimentos de España.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *