PERSOAS BENEFICIARIAS
Poden ser beneficiarias aquelas persoas que cumpran cos seguintes requisitos:
- Persoas físicas e asimilados, así como as actividades sen personalidade xurídica e persoas xurídicas, Pemes e autónomos de ata 10 persoas empregadas, que exerzan a súa actividades e teñan o seu centro de traballo no termo municipal de Gondomar, en situación de alta nalgún dos epígrafes do CNAE que se detalla no ANEXO I.
- Ter en Gondomar o seu domicilio fiscal e o centro de traballo.
- Que a súa actividades se vira afectada por algún dos Decretos/ Ordes Nacionais ou Autonómicos, que a obrigaran ao peche forzoso total ou parcial do seu establecemento motivado pola actual situación sanitaria provocada pola COVID-19.
- Non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de entidade beneficiaria do artigo 13 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de subvencións.
- Non estar cumprindo sancións administrativas firmes nin unha sentenza firme condenatoria, por exercer ou tolerar prácticas laboráis consideradas discriminatorias por razón de sexo ou de xénero, ou, no seu caso, non estar pendente de cumprimento de sanción ou sentenza imposta por ditos motivos.
- Non ter débeda algunha coa Seguridade Social, coa Xunta de Galicia, Coa Deputación provincial de Pontevedra e co Concello de Gondomar.
GASTO SUBVENCIONABLE
O periodo subvencionable abarcará dende o 14 de marzo de 2020 ata a data da presentación da solicitude da axuda, sendo a cantidad subvencionable o 100%, concedendose só unha axuda por solicitante. Os límites serán:
- Persoa traballadora autónoma sen traballadores a cargo: ata un máximo de 1.000€
- Autónomos e microempresas, con ata 5 traballadores: máximo de 1.200€.
- Autónomos e microempresas, con entre 6 e 10 traballadores: máximo de 1.500€
PRAZO
O prazo para presentar solicitudes remata o 29 de novembro do 2021.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar a páxina web da Deputación.