Convocatoria e presentación da 3ª Edición da incubadora sectorial  «HIGH  TECH AUTO»

A Incubadora High Tech Auto de Galicia define un programa de alto rendemento que combina un conxunto de servizos de formación, tutorización, coaching, mentoring, internacionalización e apoio no acceso a financiamento externo, orientados a cada unha das iniciativas empresariais que buscan favorecer a transferencia de tecnoloxía ao sector de automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria da automoción.

Está aberto o prazo de presentación de proxectos para a 3ª Edición da Incubadora especializada no sector da automoción  High  Tech Auto (HTA) que busca acoller iniciativas emprendedoras de carácter innovador vinculadas co sector da automoción, sector auxiliar de compoñentes ou os servizos avanzados para a industria da automoción.

Trátase dunha iniciativa promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Para dar a coñecer máis en profundidade esta proxecto, o vindeiro 22 de novembro terá lugar un evento de presentación desta 3ª Edición da Incubadora  High  Tech Auto (HTA) en colaboración coa CEP (Confederación de Empresarios de Pontevedra) e ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia).

Será un evento presencial (Na Sede CEP- García Barbón 104, 36201 Vigo) e online no que se detallarán as oportunidades e vantaxes que ofrece a incubadora aos proxectos participantes, o proceso para inscribirse na nova edición da HTA e contará co testemuño dun caso de éxito da edición anterior.

Algúns datos de interese sobre a presente convocatoria son os seguintes: 

PROGRAMAS E SERVIZOS QUE OFRECE

  • Espazo para a incubación das iniciativas empresariais.
  • Programas específicos para a cooperación tecnolóxica e acceso á internacionalización das iniciativas empresariais  incubadas.
  • Laboratorio de Fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción da Incubadora  High  Tech Auto.
  • Formación tecnolóxica e  tutorización para o  testeo dos produtos no laboratorio de Fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción da Incubadora  High  Tech Auto.
  • Programa de fomento do acceso a financiamento externo por parte dos proxectos emprendedores  incubados.
  • Accións de mellora de competitividade de iniciativas empresariais  incubadas:
  • Programas de fomento da innovación.
  • Formación especializada en creación e consolidación empresarial no sector da automoción, así como formación tecnolóxica.
  • Actuacións de  mentorización.
  • Validacións tecnolóxicas.
  • Talleres demostrativos.
  • Actuacións  networking.
  • Este programa estará dinamizado por un equipo de mentores, titores e  validadores técnicos/tecnolóxicos que traballarán, xunto cos emprendedores, no desenvolvemento dos seus proxectos durante cada unha das fases da incubadora.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR NA HTA

  • Poden acceder ao Programa tanto persoas físicas como xurídicas.
  • Cada proxecto deberá estar representado por polo menos unha persoa que será a encargada de participar nas actividades e programas da Incubadora  High  Tech Auto de Galicia
  • Todos os membros do equipo promotor deberán ser maiores de idade.
  • Cada participante poderá participar en cantas candidaturas estime oportuno, coa limitación de que só optará á elixibilidade dunha única candidatura.
  • Os promotores deberán ser os autores intelectuais das ideas que presentan ou, na súa falta, non facer uso de propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros sen os permisos correspondentes.
  • O equipo promotor solicitante deberá asignar polo menos unha persoa como representante permanente do proxecto ao longo de todas as fases do programa, podendo posteriormente participar unha persoa adicional que poderá variar en función do tipo de actividades.
  • A Incubadora  High  Tech Auto é compatible con outros programas de incubación e aceleración.
  • A persoa representante permanente do proxecto ao longo de todas as fases do programa de Incubación non poderá participar en ningún caso noutros programas de similares características (aceleración/incubación). Neste sentido as iniciativas empresariais participantes deberán asignar a unha nova persoa diferente ás que teñen asignadas a outros programas.

Para que un proxecto sexa  elixible, os representantes da iniciativa empresarial deberán adherirse aos seguintes compromisos:

  • Aceptar e cumprir as Bases do Programa.
  • Garantir que a información facilitada para a súa admisión e posteriores fases é fidedigna.
  • Notificar aqueles cambios significativos relacionados coa composición do equipo promotor, a entrada de novos socios no capital social, denominación, marcas e  logos, así como calquera outra información substancial do proxecto, durante a vixencia do Programa incluída a fase de seguimento posterior ao mesmo.
  • Asistir obrigatoriamente e participar de forma activa en todas as actividades do programa, polo menos por parte da persoa que represente de maneira permanente ao proxecto.
  • Colaborar nas diferentes actividades de promoción do Programa.
  • Garantir a entrega de toda información adicional que se lles poida requirir ao longo da vixencia do Programa e durante o período de acompañamento posterior ao mesmo.
  • Conforme o establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE (Regulamento (UE) 2016/679), a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, os participantes dan o seu consentimento para que tanto as imaxes gravadas no transcurso do Programa, como os seus datos de carácter persoal, sexan obxecto de tratamento por parte do Consorcio Zona Franca de Vigo con  CIF V- 36.611.580 e do Instituto  Galego de Promoción Económica con  CIF  Q6550010- J conforme o disposto no punto 2.5 do presente documento («Protección de datos persoais»), así como a que #facer públicas ditas imaxes  través dos medios que o  CZFV e o IGAPE consideren conveniente, co obxecto de dar difusión e promoción ao Programa.
  • En caso de constatarse durante o desenvolvemento do Programa que o equipo promotor das iniciativas empresariais non cumprise os compromisos asinados, o  CZFV e o IGAPE resérvanse o dereito para esixir o cumprimento dos mesmos, e de non ser así, procederase á exclusión do proxecto da Incubadora  High  Tech Auto de Galicia.
  • Garantir o dereito de explotación da tecnoloxía na cal se apoia o proxecto. Se a propiedade intelectual pertence a un terceiro, o equipo promotor deberá presentar documentación do titular na que se acredite a cesión do dereito de explotación da devandita tecnoloxía e as condicións de uso.
  • Garantir que se fan responsables por calquera reclamación sobre propiedade intelectual ou utilización de información de dominio privado, mantendo indemne ás Entidades Promotoras ante calquera posible reclamación.
  • Ter unha presenza continuada de, como mínimo, un membro do equipo promotor no espazo de incubación da Incubadora  High  Tech Auto de Galicia.
  • Para acceder á fase de post-incubación, as iniciativas empresariais comprométense a constituír unha sociedade e a establecer a súa de sede social na Comunidade Autónoma de Galicia ao rematar a fase de incubación.

O programa comprométese a cumprir cos principios de fomento da igualdade de xénero e o principio de non discriminación á hora de valorar o acceso das iniciativas empresariais.

PRAZO:

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 3 de decembro de 2021.

Se a idea/proxecto empresarial resulta seleccionado, desfrutará dun período de incubación de 12 meses, que pode ser prorrogado por outros 12 meses máis.

A participación en todo o programa de incubación é gratuíta.

MÁIS INFORMACIÓN:

Para tramitar a túa inscripción podes acceder premendo aquí.

Mentres que para consultar as bases desta convocatoria podes facelo na páxina web da HTA.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *