REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES
Para seren admitidos na bolsa de emprego as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TRLEBEP, respecto do acceso ao emprego público dos nacionais doutros estados
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa
- Posuír ou estar en condicións de obter o título académico esixido nas bases específicas para acceder ao posto ofertado o día en que remate o prazo de presentación de instancias
- Posuír a capacidade funcional para desempeñar as tarefas habituais do postos ao que aspira
- Non estar separadas por un expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala do persoal funcionario do que estivesen separadas ou inhabilitadas. No caso de seren nacionais doutro estado, non atoparse inhabilitadas ou en situación equivalente nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado e nos mesmos termos, o acceso ao emprego público
- Ingresar a cantidade fixada como dereitos de exame no recibo que se emite xunto coa solicitude de participación Grupo C1: 15 €
- Cumprir os demais requisitos esixidos nas respectivas bases específicas para o ingreso
REQUISITOS ESPECÍFICOS
Ademais dos requisitos xerais, as persoas aspirantes a este posto deberán posuír o título de bacharelato.
CENTRO DE TRABALLO
Calquera dos centros ou oficinas periféricas do ORAL na provincia de Pontevedra.
FUNCIÓNS PROPIAS DO POSTO
- Desenvolver as funcións de trámite e colaboración propias do persoal administrativo do ORAL: rexistro, tratamento de texto informáticos, tramitación de expedientes correspondentes ás diferentes áreas ou servizo do Oral (catastral tributario, xurídico, recadadora, etc.)
- Tramitar o cobro de valores.
- Atención ao público, ás entidades delegantes e ás persoas físicas ou xurídicas relacionadas co ORAL.
- Calquera outra función inherente ao desempeño das funcións do posto de traballo.
PROCESO SELECTIVO
O exame consta de dous exercicios:
- Primeiro exercicio: obrigatorio e eliminatorio. Consta de 35 preguntas tipo test con catro opcións correspondentes ó contido do programa. terá unha duración de 35 minutos.
- Segundo exercicio: Obrigatorio e non eliminatorio. Proba de traducción ao galego dun texto en castelán. As persoas que posúan o CELGA 4 estarán exentas desta parte o terán a máxima calificación (un 2)
PRAZO
O prazo para presentar as solicitudes remata o 23 novembro.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar as bases da convocatoria na páxina web da Deputación.