BENEFICIARIOS
Terán a calificación de beneficiarias para os efectos desta convocatoria os seguintes:
- Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
- As entidades locais e o sector público institucional de calquera administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
- As persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, incluíndo as entidades ou organizacións do terceiro sector.
- As persoas físicas que realicen algunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso haberán de estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.
- As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo definición da Directiva 2018/2001, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018.
Poderán ser entidades colaboradoras as:
- Entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais, sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.
- Será necesario que as entidades colaboradoras, sexan persoas físicas ou xurídicas, teñan presentado unha declaración responsable como empresa instaladora de baixa tensión e que figure inscrita no Rexistro Integrado Industrial do ministerio competente en materia de enerxía.
As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión de esta e sen que isto implique a entrega e distribución dos fondos públicos as persoas beneficiarias, que recibirán o importe da axuda directamente do Inega.
Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
- Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.
- Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.
- Xustificación da axuda ante o Inega.
GASTOS SUBVENCIONADOS
Serán subvencionables os proxectos vencellados ao autoconsumo e o almacenamento, con fontes de enerxía renovable.
- Estes proxectos deben estar executados con posterioridade á publicación do Real Decreto 477/2021 de 29 de xuño, polo que se regula o programa de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento con fontes de enerxía renovables, no BOE núm. 155, do 30 de xuño de 2021.Tanto as facturas como os xustificantes de pagamento deberán levar data posterior á da publicación do Real Decreto.
- As actuacións subvencionables atenderán ao recollido na citada normativa e en particular ao Anexo III.
PRAZO
- O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras remata o 2 de xaneiro de 2024.
- O prazo de presentación de solicitudes para os beneficiarios xerais comezará o día 13 de decembro de 2021 e rematará o 2 de xaneiro de 2024.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información pode consultarse a RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea (Código de Procedemento IN422K) e a adhesión de entidades colaboradoras (Código de Procedemento IN422J) e a Sede Electrónica para o procedemento de autoconsumo e almacenamento (Código IN422K) e para a adhesión de entidades colaboradoras na xestión (Código IN422J)