PERSOAS BENEFICIARIAS
Os beneficiarios poden ser:
- Persoas físicas e asimilados, así como as entidades sen personalidade xurídica e as persoas xurídicas, Pemes ata 10 persoas e autónomos que exerzan a súa actividade e teñan o seu centro de traballo no termino municipal de Mos, en situación de alta nalgún dos seguintes grupos de epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE):
- 1612.6 Comercio ao maior de bebidas e tabaco 1671 Servizos de restaurantes
- 1672 Servizos de cafeterías
- 1673 Servizos en cafés e bares
- 1674 Servizos especiais de restaurantes, cafeterías e café-bar
- 1677 Servizos prestados polos establecementos clasificados nos grupos 671, 672, 673, 681 e 682 das agrupacións 67 e 68, realizados fóra destes establecementos. Outros servizos de alimentación.
- Ter en Mos, o seu domicilio fiscal e o centro de traballo, onde se desenvolva a actividade obxecto da axuda.
- Que a súa actividade viuse afectada por algún dos Decretos /Ordenes Nacionais ou autonómicas, que o obrigasen ao peche forzoso total ou parcial do seu establecemento motivado pola actual situación sanitaria provocada pola COVID-19.
- Non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de entidade beneficiaria.
- Non estar cumprindo sancións administrativas firmes nin unha sentenza firme condenatoria, por exercer ou tolerar prácticas laborais consideradas discriminatorias por razón de sexo ou de xénero ou, no seu caso, non estar pendente do cumprimento de sanción ou sentenza imposta por ditos motivos.
- Non ter débeda algunha co Concello de Mos.
Quedan excluídas as administracións públicas, os seus organismos autónomos, as empresas públicas ou outros entes públicos, así como as asociacións, fundacións e, en xeral, entidades sen ánimo de lucro e o persoal autónomo colaborador.
GASTO SUBVENCIONABLE
Serán subvencionables os gastos incurridos entre o 14 de marzo de 2020 e a data de presentación da solicitude de axuda. Es tipos de gastos subvencionables son os seguintes:
- Alugueiros (bens mobles e inmobles)
- Subministracións: Luz, auga, electricidade, saneamento e teléfono
- Seguros de responsabilidade civil e accidentes vinculados ao exercicio da actividade económina
- Compra de mercadorías relacionadas coa actividade
- Gastos derivados dos salarios do persoal contratado por conta allea excluídas as retencións
- Gastos derivados do pago á Seguridade Social da cota mensual de autónomos
- Gastos financeiros directamente relacionados coa actividade
Non se aceptan gastos pagos en efectivo.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de novembro do 2021.
MÁIS INFORMACIÓN
Para mais información pódense consultar as bases da convocatoria na páxina web da deputación e na Sede Electrónica do Concello de Mos.