Entrevista Retromundo Arcade

Entrevista realizada por Lucía Pardo, do Programa de Emprego ”MAIV Garantía Xuvenil 20”

Hoxe tivemos a oportunidade de entrevistar a David, emprendedor que está detrás do proxecto de RETROMUNDO ARCADE. Con materiais de gran calidade fabrica mobles retro aos que lle incorpora xogos de Arcade e que calquera amante dos videoxogos clásicos pode poñer no seu salón. Pero, como xurdiu a idea? Cal foi o seu camiño como emprendedor? Todas as respostas, nas seguintes liñas.

Como naceu a idea de Retromundo? Que te levou á fabricación de máquinas arcade como idea de negocio?

David: Dende neno xa tiña o soño de ter unha máquina na miña casa, pero dende ese momento ata que din o paso, pasaron moitos anos. O detonante final foi que, estando nunha feira de educación en Madrid representando a unha empresa, o noso stand comercial estaba xusto ao lado dun stand dunha escola de informática. Os rapaces, como proxecto final de estudos, fixeran un sofware propio no que cargaran vídeos e xogos retro e construíron tamén un moble. Pasei os tres días da feira mirando de reollo e cando rematou, fun falar un rato con eles. De alí, volvín para Vigo e montei a miña propia máquina.

Porque o nome de Retromundo?

David: Non me basei en nada en concreto, quería xogar con palabras que fosen keyword á hora das búsquedas, sabía que “retro” no meu dominio me ía axudar no posicionamento.

Qué dirías que diferencia Retromundo da competencia? 

David: Por un lado ,quero diferenciarme no deseño ou a imaxe das máquinas. Aínda que dou pé a que o cliente poida personalizala co deseño que queira, quero centrarme en que as máquinas de Retromundo Arcade sexan un elemento decorativo, ademais dun centro de ocio.

Outra cousa na que me quero diferenciar é a calidade: agora apareceron moitas empresas que fan máquinas low cost con compoñentes de baixa calidade, que eu teño probado; montei máquinas con eles e quero escapar diso. Penso que esta compra é, para o cliente, un investimento a longo prazo, é dicir, unha máquina de estas debería estar funcionando por anos e anos e anos… 

Un dos servizos que ofreces é a personalización das máquinas. De todas as máquinas que fixeches, hai algunha da que te sintas especialmente orgulloso?

David: A primeira máquina. A que fixen para min, antes de imaxinar que isto sería una idea de negocio. De cara ao futuro encantaríame montar unha máquina arcade coa imaxe de Cobra kai ou Mandalorian.

Imaxiñácheste que emprenderías algunha vez? Era unha idea que xa tiñas en mente, a de ter a túa propia empresa?

David: Sí, eu xa tivera un proxecto anterior, cun estudo de mercado moi avanzado, incluso xa tiña dada a sinal para un local… estaba todo moi avanzado, pero cadrou que xusto chegou a anterior crise cando ía comenzar, no ano 2007/08, e retireime a tempo. Despois dun tempo diso, tiven outro proxecto empresarial que finalmente lanzamos e durante tres ou catro anos puiden vivir de él.

Que dirias que foi o máis complicado de emprender no camiño que levas andado hasta agora? 

David: Tomar as decisions de como vai ser a imaxe corporativa, de tipografías, todo o que vai ser a imaxe pública da empresa.

Que lle dirías a alguén que quere emprender e non se atreve a dar o paso?

David: Non vou caer en dicirlle que veña, que hai que intentalo, porque facer as cousas ao tolo, non. Consello: que faga un estudo de mercado, que analice ben que producto ou servizo quere vender e que vexa se realmente ten un oco. Porque, por un lado, emprender é moi bonito pero, por outro lado, pódeche condicionar o resto da vida se non sae ben, polo que, moita cabeza.

Como coñeciches a MAIV e o seu Servizo de Asesoramento a Emprendedores?

David: Primeiro eu coñecin o programa VigoEmprende e fixen algún obradoiro alí, reuninme unhas cantas veces cos técnicos, o proxecto comezou a coller forma e xusto o asesor que eu tiña alí cambiarono por unha asesora, e ela foi quen me falou da MAIV. 

Consideras que recibiches a axuda/asesoramento que precisabas?

David: Sí, moi ben e sorprendido. Na primeira reunión viña coa intención de facer unhas cantas preguntas e atopeime con moita proactividade, mogollón de axuda e un empurrón para que toda esa idea miña se formase e sexa realidade agora. 

Recomendarías este servizo? 

David: Si, sen dúbida. 

De querer adquirir unha máquina de Retromundo agora mesmo cal sería o medio ou a forma de conseguila?

David: Polo momento, visitar algunha das redes sociais de Retromundo, en Instagram ou Facebook co nome de usuario Retromundoarcade, e dende alí, calquera persoa interesada pode ver as publicacións que imos facendo, poñerse en contacto con nós ou acceder directamente á tenda que temos configurada en Facebook. Próximamente, na web de retromundoarcade.es, na que estamos a traballar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *