SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO DE AUTÓNOMO 2021


PROGRAMA I: Promoción do emprego autónomo (procedemento TR341D)

O procedemento de concesión non ten a consideración de concorrencia competitiva, polo que as solicitudes serán concedidas pola comprobación da concorrencia na persoa solicitante dos requisitos establecidos ata esgotamento do crédito orzamentario.


BENEFICIARIOS:

Persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no SEPE, que creen o seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as e que desenvolvan a súa actividade en Galicia, ben como titular único do negocio (empresario individual autónomo), ou como cotitular do negocio (nunha Sociedade Civil/Comunidade de Bens de nova creación) solicitándoas a título persoal. Terán que cumprir, ademais, os seguintes requisitos:

  • Estar inscrito como demandante de emprego na Oficina de Emprego, no momento da alta.
  • Ter solicitada a alta no réxime de autónomos, noutro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade do colexio profesional entre o 01/10/2020 e o 30/09/2021, ambos inclusive e con anterioridade a presentación da solicitude da subvención.
  • Estar ao día no cumprimento de obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social (non ter débedas coa AEAT, coa Seguridade Social e coa Xunta).
  • Non ter percibido subvencións ao abeiro deste programa nos 3 anos anteriores á data do inicio.
  • Non ter desenvolvido como traballadores autónomos a mesma ou similar actividade na mesma localidade,
    nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade; nin estar de alta como
    traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da S. Social ou en colexio profesional sempre que a dita
    situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores.
  • Desenvolver fundamentalmente a súa actividade profesional ou empresarial en Galicia.

    As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

    Quedan excluídos deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

    PRAZO DE SOLICITUDE:

    O prazo para a solicitude será contado a partir do día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2021. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

    TIPOS DE AXUDA:

    Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, co obxecto de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlles ingresos durante o inicio da súa actividade laboral,
  1. 2.000,00 €. para persoas desempregadas en xeral.
  2. Esta contía base de axuda será de 4.000,00 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen
    nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

    ● Persoas menores de 30 anos
    ● Persoas desempregadas de longa duración
    ● Persoas desempregadas con discapacidade
    ● Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social

    A contía base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
    a) Se a persoa incorporada é unha muller.
    b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma este situado nun concello rural.
    c) Persoas maiores de 45 anos
    d) Se a persoa incorporada é un emigrante retornado
    e) Se a persona incorporada é trans
    f) Profesións e oficios nos cales a muller estea subrepresentada, segundo informe do
    Instituto Galego das Cualificacións, que se reflicte na lista que figura no anexo III.

    Estes catro incrementos son acumulables e deste xeito, a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 10.000 €.

    INCOMPATIBILIDADES:

    As subvencións deste programa son incompatibles coas establecidas nos distintos programas de promoción do emprego autónomo que subvencionen a alta como persoa traballadora autónoma, coas establecidas nos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración laboral das persoas con discapacidade, convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

    Son tamén incompatibles coas axudas do programa EMEGA así como con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego.

    MAIS INFORMACIÓN:

    Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (DOG nº 148 do 4 de agosto do 2021).
    No enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170804/AnuncioG0424-210717-0001_gl.pdf , da páxina da Sede Electrónica da xunta ou en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2021&numpub=1

PROGRAMA II: Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento (TR349F)


Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder a convocatoria para o ano 2021 dos incentivos a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

BENEFICIARIOS

  • Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionáis pola primeira contatación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
  • Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionáis pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
  • Non poderán ser beneficiarias as persoas que desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos tres meses inmediatemente anteriores a data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social.

    Quedan excluidos deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laboráis, e os autónomos colaboradores.

    REQUISITOS E GASTOS COMPUTABLES

    Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciáis que se realicen polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionáis con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida poderán formalizarse ata o terceiro ano de actividade.
  • Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial cando na data na que se formalice o contrato non houbera outra persoa traballadora indefinida nin se houbera contratado con carácter indefinido, con anterioridade, a outra persoa traballadora agás que este contrato indefinido se extinguise por causas de forza maior. Neste caso serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que non se houberan realizado dúas o máis contratacións indefinidas.

    O contrato indefinido inicial para que poida ser obxecto de subvención deberá formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

    CONTÍA DAS AXUDAS

    As contratacións indefinidas iniciáis incentivaranse coas seguintes axudas:

    1) Primeira persoa traballadora indefinida:

    A axuda consistirá nunha contía de 4.000 € cando se trate dunha persoa desempregada.
    Esta axuda será de 6.500 € cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas con discapacidade.
  • Persoas en situación ou risco de exclusión social.

    2) Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:

    A axuda consistirá nunha contía de 6.500 € cando se trate dunha persoa desempregada.
    Esta axuda será de 9.000 € cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas con discapacidade.
  • Persoas en situación ou risco de exclusión social.

Estas contías resultantes incrementaranse nun 25% nos seguintes casos, que son acumulables entre sí:

a) No caso de incorporar unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma
estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos.
d) Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.
e) Persoas trans.
f) Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Observatorio do Emprego, tal e como figuran no anexo III desta orde.

Deste xeito as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían:

  • Para a primeira persoa traballadora indefinida 16.250 €.
  • Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida 22.500 €.

    Cando se trate de contratacións indefinidas a tempo parcial as contías dos incentivos serán porporcionáis o tempo efectivo de traballo en función da xornada ordinaria máxima legal.

EXCLUSIÓNS

  • Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demáis parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da persoa solicitante. Non será aplicable cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate aos fillos/as menores de 30 anos, ou cando, sen persoas asalariadas, se contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.
  • As contratacións realizadas con traballadores que, nos 24 meses anteriores, prestasen servizos na mesma
    empresa ou grupo de empresaas mediante un contrato indefinido ou nos últimos 3 meses medante un contrato de carácter temporal.
  • As persoas que rematen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas no Estatuto dos traballadores.

PRAZO DE SOLICITUDE

  • As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde do 05 de agosto de 2021 .
  • As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas dende a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención.

    O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2021.

INCOMPATIBILIDADES

  • As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.
  • Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superara o 80% do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.
  • Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

MAIS INFORMACIÓN:

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (DOG nº 148 do 4 de agosto do 2021) e na páxina da Sede Electrónica da xunta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *